A boneca que estaba triste
porque non tiña con quen xogar.
Menos mal que andaba por alí
un mago cun sombreiro que pronunciou....
...chiscarabís-triscastrís...
Lembrades o conto?
Argallamos unha Matrianuska con:
Materiais:
Anel dunha lata de conserva
Barniz de uñas
Papel ou tea
Goma elástica ou cordón
Pegamento
Pinturas ou rotuladores
Pasos a seguir:
1º - Quitar o anel da lata con moito coidado e con axuda dun maior. Cun coitelo de punta redonda levántase o anel un pouco, facer palanca co coitelo e intentar quitar tamén o anel pequeniño para extraer todo xunto da lata. É mellor poñer un pano. Ese anel pequeno quedaría por detrás para poder colar o cordón ou goma.
É mellor poñer un pano.
Ese anel pequeno quedará por detrás para poder meter o cordón ou goma.
3º - Collemos un anaco de tea, escollemos a parte que queiramos q se vexa polo círculo grande do anel, marcamos e cortamos...
Xa temos todas as pezas preparadas, despois haberá que cortalas un pouquiño para axustalas.
4º - Pintar co barniz todo o anel, deixar secar ben e pintar o anel pequeno da parte de atrás...
Como vedes eu fixen varias á vez, unha azul, outra vermella e outra deixeina sen pintar por se non tedes barniz na casa e vexades que tamén queda linda.
5º - Botamos pegamento pola parte de atrás. Se tedes un pegamento transparente ou silicona, queda mellor. Eu utilicei un palillo para colar ben o pegamento de barra...
6º - Colocar ben o papeliño dobrado coa axuda do palillo e logo colocar a tea que será o vestidiño da boneca...
Botamos pegamento tamén na tea e pegamos o papel que a cubre.
7º - Cun bolígrafo debuxamos ollos, cellas e boca sonrinte...Por último colocamos a goma ou cordón...
CHISCARABÍS...TRISCASTRÍS....MATRIANUSKA LISTA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario