sábado, 22 de febrero de 2020

martes, 11 de febrero de 2020

11F- LABORATORIO: Don Gregorio II


Hoxe quixemos celebrar este día da muller e a nena na Ciencia no laboratorio e repasar os ósos co esqueleto "Don Gregorio II"...Así bautizamos ao novo esqueleto, pois Don Gregorio I pobriño, atópase moi danado...

Tamén podedes repasar os músculos  premendo aquí...Ficha do corpo humano

Aproveitamos a estancia no laboratorio para observar a estupenda colección de fósiles do xurásico e cretácico...Como molan! Seguiremos a investigar nas próximas semanas!
 




domingo, 9 de febrero de 2020

SESIÓN PRÁCTICA DE RCP BÁSICA

Unha vez finalizado o curso teórico, dimos paso a unha sesión práctica de reanimación cardiopulmonar para que cada un realizara as manobras axeitadas sobre os bonecos...
 
 



miércoles, 13 de noviembre de 2019

NOVEMBRO 20019 - MES DA CIENCIA

QUE TEN UNHA FLOR POR DENTRO?.... COMO SON AS SÚAS PARTES? 
No libro de Ciencias da Natureza temos moita información sobre as plantas e as súas partes.
Hoxe tocounos estudar as partes da flor e baixamos ao laboratorio para investigar como era por dentro e cantas partes tiña unha flor natural...
 

INVESTIGAMOS VARIOS LILIUM (AZUCENAS)
O primeiro paso foi cortar e abrir a trompeta da flor para ver ben o que tiña por dentro...


CANTOS ESTAMES TEN? CANTOS PÉTALOS? SON TODAS IGUAIS?
Contamos e anotamos 6 pétalos, 6 estames e un pistilo.
 

Pero observamos que nas floriñas máis pequenas os estames eran diferentes, rematan cunha especie de cápsula de pole escura (anteras) que as flores grandes, completamente abertas, non teñen.

Tamén observamos que as flores destes lilium non teñen sépalos verdes no seu cáliz.
CONCLUSIÓN: 
Todas as flores tiñan a mesma cantidade de pétalos e estames pero os estames das flores grandes abertas xa non tiñan pole na parte superior, soamente tiñan o filamento do estame. Mentres que as floriñas recén abertas, e máis cativas, aínda mantiñan os filamentos dos estames co pole na antera (de cor escuro).


E por último, aproveitamos a sesión de hoxe no laboratorio para escoitar as explicacións dos compañeiros e compañeiras de 6º que amosaron as maquetas da célula animal realizadas na súa clase de ciencias...
Foi a nosa primeira sesión de laboratorio deste curso...Haberá moitas máis!

miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN E MAGOSTO 2019

POR FIN CELEBRAMOS A TERRORÍFICA FESTA DO SAMAÍN!!!
Moitos xogos e papancia noxenta na divertida xornada de hoxe...
 

Os veciños de 6º fixeron unhas larpeiradas terroríficas...
 

 

 

 

 


                  PASÁRONO DE MEDO!!!