miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN 2018

Festa terrorífica do Samaín 2018...Moita papancia, agasallos e diversión...
 Como todos os anos, non faltou a exposición de cabazas no porche.
 E hoxe na biblioteca disfrutamos da emocionante entrega de premios do Concurso organizado pola ANPA de "Historias de Samaín"...
Moreas de agasallos para os gañador@s e unha sincera felicitación atod@s os participantes
Con moita emoción recibiron os agasallos os premiados de 3º de Primaria.
Sara recibiu o terceiro premio, Álvaro o segundo e Carlos o primeiro...

 


Os traballos deste ano foron espectaculares...
 A papancia estivo terrorífica tamén...
 Sorprendeunos a tod@s unha bruxiña inglesa cun sabrosísimo agasallo...Thank you Vane!!!

PARABÉNS A TOD@S!!!



lunes, 29 de octubre de 2018

A MALETA

Para coñecernos un chisquiño mellor levamos para casa a maleta e nela metemos obxectos, cousas que queremos amosar e que nos identifiquen...

O primeiro día aparecín coa maleta con tres obxectos que me identifican. Expliquei o que significaban cada un deles para min e logo entreguei a maleta ao primeiro da clase por orden alfabético. Tocoulle a .....Judith
 
O seguinte en levar a maleta para a súa casa foi Yerai...
 
A terceira en levala foi Ainhoa...
 
Logo tocoulle a Álvaro...
 
E despois levouna Andrés...
 
A continuación tocoulle a Yanira. E como estaban instalando a pizarra dixital na aula, ese día tivemos que dar a clase na biblioteca...
 
Logo, tocoulle levala a Carlos...


E por último, levouna para súa casa Sara...
 
Tod@s a levamos valeira para casa pero cada día volvía a maleta cargada de cousiñas moi importantes, apreciadas e cun significado especial para cada un de nós.

Con esta dinámica de aprendizaxe cooperativo o que pretendemos é fomentar a cohesión de grupo, que tod@s nos coñezamos un pouco mellor e reforzar o concepto de grupo unido.

miércoles, 10 de octubre de 2018

EXCURSIÓN A NAVANTIA


Hoxe 3º e 4º de Primaria visitamos a factoría de Navantia
 Así de contentos iniciamos o breve percorrido no bus.
Unha vez que entramos en Navantia pola porta da Maestranza, Manolo e Clara, ensináronnos a nave da exposición permanente que amosa a historia da factoría...
   Faláronnos da escola de aprendices, creada no 1915, para os fillos dos operarios da factoría...
Vimos os pupitres e as mesas cos tornillos que se usaban.
Manolo lembrou os tempos de loita obreira...
 O 10 de marzo, O Día da Clase Obreira, Ferrol sempre terá na memoria a Amador e Daniel 
       Os nomes anteriores da factoría...
E unha morea de máquinas e recordos moi interesantes na exposición permanente.
De novo no bus fixemos un percorrido pola factoría para ver os diferentes espazos e naves...
 No dique seco vimos como traballaban nunha fragata...
 
 


 E para rematar, antes de deixar a factoría,  Manolo fíxonos esta foto diante do buque de aprovisionamento Patiño...



      Logo, xa na clase, mirade que ben debuxou Andrés o buque Patiño...
 
                      fin