sábado, 24 de octubre de 2015

O SAMAÍN

                   

 HALLOWEEN....A FESTA DE ORIXE CELTA...O SAMAÍN


Samaín significa fin do verán e comezos do inverno, era unha das datas máis 
importantes no calendario celta que eles chamaban  roda do ano solar.



 Samhaim, en irlandés, "máis alá da noite", porque os celtas consideraban que a 
noite do 31 de outubro  era unha noite moi perigosa dado que as almas do alén
 poderían vir a saldar as súas contas pendentes. Para espantar a estas almas
 en pena colocábanse os cranios dos seus inimigos caídos na batalla con velas no
 seu interior (lembrade que antigamente ter os cranios dos inimigos era o mellor
 botín, símbolo de triunfo). 

  Segundo as investigacións, sabemos que  esta tradición extendeuse por toda a
 xeografía  céltica europea,  e no caso de España nas comunidades de Galicia  e
 Asturias.
    A tradición dos cranios foi substituída  por cabazas con candeas acendidas e
 nunha festa de outono,  como un entroido de medo . O Samaín foi levado por 
os emigrantes irlandeses a terras americanas e nace así a súa evolución a Halloween.
 Samaín e Halloween teñen por tanto unha raíz irlandesa celta común.
   
     
   O xoves 29 celebramos a nosa festa...FELIZ   SAMAÍN!!!
























sábado, 10 de octubre de 2015

MURAL DE OUTONO E TRABALLOS SOBRE AS MENINAS DE CANIDO


MONICREQUES DE DEDOS
Monicreques de dedos feitos polos nenos e nenas de 1º,2º,3º e 4º de Primaria
 

                              MURAL DE OUTONO




Alumnos de 6º, e de toda a Primaria, dan a benvida ao outono coas Meninas

Tamén preparan a visita polo barrio de Canido:

Vídeo da presentación de Ignacio Saavedra...


Vídeo da presentación de Miguel Nouche Vidal

Vídeo da presentación de Carla Leira Fernández.........



Vídeo da presentación de Mario Grela Lorenzo..........





Vídeo da presentación de Alba Couce Quintanilla..........
















 
Os nenos e nenas de Infantil estampan a figura da menina con esponxas e témperas de cores na lámina do cadro de Velázquez








RECORTADO E PEGADO DE CASA TÍPICA DE CANIDO



     4º de Primaria recreando casas típicas do barrio de Canido con papel milimetrado....e moita creatividade!!!


             Meninapinza - Pinzamenina........feitas con pinzas inglesas de madeira, limpiapipas, fieltro, la e servilletas floreadas. Xa as temos adornando a nosa árbore das estacións de 3º d Primaria.

Lembrades as "Mariquitas"? ...pois en 6º fixeron estas cos traxes das meninas e nas que se pode observar como era a estructura de cintas e aramio que levaban por debaixo da súa vestimenta para darlle esa forma tan típica da época....parece que moi cómoda non era, non si?




 




jueves, 8 de octubre de 2015

ÁLBUM DAS VOSAS MENINAS DE CANIDO

                           FOTOS FEITAS POR ANTÍA E MANUELA

              Pola ruta que fixemos en Canido fixéchedes unha morea de fotos. Aquí tedes algunhas das que fixo Antía Fernández Otero...
 


 

 


                   







Estas outras as fixo Manuela López Fraguela
 

 
Menina Andrea?

    Facendo un selfie Marta e Saínza diante da infanta Margarita.

      Tamén fixo moi boas fotos Lucía Galdo... 
 
 
 
 
 
E así de bonita quedou a "meninaporta" coas vosas fotos.....