Este es el blog de aula del 2º ciclo de Primaria del Colegio Valle Inclán de Ferrol. Aquí podemos escribir, leer, comentar, jugar...hay un mundo de oportunidades para aprender...y no las vamos a dejar escapar.
lunes, 8 de febrero de 2021
domingo, 7 de febrero de 2021
lunes, 21 de diciembre de 2020
BO NADAL...BENVIDO 2021
Celebramos con ledicia o Nadal co desexo de recibir o ano novo 2021 cheo de esperanza e ilusión....
Dende os máis pequerrechos ata os maiores de primaria, celebramos este Nadal con moito entusiasmo e ledicia polos recunchos do noso cole...






Aquí tedes o enlace para entrar en todas as actuacións do Festival virtual...Non vos perdades o Making of ...
viernes, 11 de diciembre de 2020
OBRADOIRO DE ELECTRICIDADE - GALICIENCIA 2020
Hoxe tivemos unha interesante xornada de ciencia con Galiciencia online 2020
Seguimos moi atentos as instruccións de David e de Iria no seu vídeo de Galiciencia
Seguimos moi atentos as instruccións de David e de Iria no seu vídeo de Galiciencia
Xa tiñamos preparados os mateirais pero o primeiro que fixemos foi experimentar a poñer os pelos de punta...
Cando frotamos o globo contra o cabelo, os electrones do pelo pasan ao globo, queda cargado negativamente e o cabelo queda cargado positivamente.
Que observamos?...que o globo atrae aos pelos e ademáis os pelos se repelen entre eles.
Este fenómeno pódese explicar porque as cargas de distinto signo se atraen e as de igual signo se repelen.
Unha vez rematada a experiencia co globo, e os pelos xa estaban no seu sitio, seguimos os pasos do vídeo de David e Iria co noso material...
Nos vídeos podemos ver a nosa aula no momento do experimento...
E aquí tedes o vídeo completo de David e Iria por se queredes facelo na casa...https://www.youtube.com/watch?v=FT-ViQzBMnY
jueves, 10 de diciembre de 2020
REPASO TEMA 2 DE CIENCIAS NATURAIS
RepasoTema 2 "Saúde, dieta e hixiene"
Buscade unha etiqueta dun produto alimenticio envasado que teñades por casa, pegádea na libreta.
Escribide as preguntas, investigade e contestade:
1➤Cal é a data de caducidade?
2➤Canta cantidade en gramos de produto hai?
3➤Que substancia nutritiva ten ese produto en maior cantidade?
4➤Ese produto o podería comer alguén con intolerancia ao gluten, un celíaco?
5➤Se abres o envase poderías comer ese produto despois de dúas semanas? Por que?
6➤Que outra información aparece no envase?
Exemplo:
1- 06-2021
2- 300g
3- Hidratos de carbono 58,4 g
4- Si o podería consumir un celíaco porque na etiqueta especifica "SIN GLUTEN"
5- Si podería tomar o chocolate despois de dúas semanas aberto porque os seus ingredientes non necesitan unha especial conservación.
6- Aparecen as porcións, 13-14 porcións por tableta e, na parte superior dereita, aparece a equivalencia dunha porción; cada porción equivale a 4 onzas. Tamén aparece un teléfeno e unha páxina web do Servizo de atención ao consumidor. Aparecen todos os ingredientes e a información nutricional. Na parte superior esquerda aparece información dun sorteo e na parte inferior informa onde hai que tirar o papel do envase e o envase de metal da tableta.
miércoles, 9 de diciembre de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)