miércoles, 30 de mayo de 2018

EXCURSIÓN FERVENZAVENTURA

Hoxe disfrutamos unha xornada fantástica en plena natureza chea de actividades de aventura, educación ambiental e de granxa no Centro de Naturaleza Fervenzaventura
                             
 
 
A primeira actividade tivo lugar polo bosque en busca de elementos descoñecidos da flora e da fauna para logo analizalos na Aula de Natureza.
Alí descubrimos que o noso entorno é un mundo cheo de tesouros escondidos, como esta egagrópila que ten Gabriela na man...

Unha egagrópila é unha especie de bola de restos de alimentos non dixeridos que son regurxitados, vomitados, por bufos ou mouchos.

Gabriela amosa na man unha egagrópila con restos dun topo que comeu un moucho...parece unha boliña con pelos e ósos dunha patiña do topo que un moucho non foi capaz de dixerir e vomitou.

Ao mesmo tempo, outro grupo de rapaces realizaron a  actividade chamada "Seguindo as pegadas". A través do estudo e interpretación de rastros, pegadas e indicios dos animais do bosque aprendemos a coñecer os seus hábitos e modos de vida. Convertémonos en auténticos rastreadores...
 
 
A papancia fixémola neste precioso merendeiro ao aire libre. Todo tiña unha pintaza boísima...
O máis divertido veu á tardiña coa gymkana no bosque...
 
E despois de tantos equilibrios, zoupadas e diversión, voltamos ao merendeiro para repoñer forzas e, a todo filispín, recoller ben todo para subir ao bus...
Deunos tempo a facer esta fotiña de grupo...
Xa de volta, comprobamos a comodidade  dos asentos aerodinámicos do bus...
 
 
 
 

                      FANTÁSTICA AVENTURA !!!








miércoles, 16 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Como sabedes, para celebrar o Día das Letras Galegas, a ANPA organizou o Concurso "E ti...a quén adicarías o día das letras galegas? E como fumos moi aplicadiños e participamos tod@s, recibimos unha morea de agasallos.
Estes días estamos a traballar coas obras da homenaxeada este ano, María Victoria Moreno.
 
Polos corredores do cole están postos os carteis que fan referencia á vida e obra de María Victoria Moreno...

Na procura de datos hai que estar moi atento e tomar nota.
Disfrutamos moito estes días descubrindo o son da zanfona co obradoiro de Óscar Fernández Sanjurjo e cos bailes e cantos do grupo etnográfico "Das Mariñas"

Así lembramos a María Victoria Moreno...
E tamén lembramos a Óscar coa súa zanfona...
 

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!