viernes, 10 de marzo de 2017

CASTELO DE S. FELIPE E PORTO EXTERIOR

HOXE  VIAXAMOS NO TEMPO....

Dende o s.XVIII

Xulio

O noso guía do
castelo de S. Felipe


Así recibiunos Xulio para amosar a fermosa estrutura do castelo dende o foxo e explicarnos un pouco da historia da súa construción estratéxica defensiva da nosa ría...



Dentro do castelo
Xulio amosa as distintas
dependencias.




Alxibe do s.XIX: popularmente coñecido coma o "Baño da raíña", recollía augas do foxo do oeste.


Áncoras para fixar os extremos da cadea que se tendía ata o castelo de San Martiño (sobre madeiros ou botes), para pechar a boca da ría e que non pasaran os barcos enimigos.

Patio central ou de armas, co pozo no medio e o edificio do 
polvorín no fondo.
Fermoso lugar con vistas espectaculares da nosa ría...
 
 



MOITAS GRAZAS XULIO!!!












A tablet na man quédate moi ben!!!

E dende San Felipe ata o PORTO EXTERIOR...
No Centro Interpretativo Cabo Prioriño...
 
Observatorio ornitolóxico

 

 
 
Tivemos moita sorte co día...vimos a Torre de Hércules enfrente, moi cerquiña de nós, a uns 12 km ...que ben quedaría unha ponte, non sí?



 
No centro de Interpretación están os paneis informativos das diferentes construcións defensivas: fortificacións, baterías e o propio inicio da construción da dársena exterior...unha secuencia histórica dos edificios defensivos construídos ó longo do tempo.

 

De volta, no bus, estivemos mirando o fermoso agasallo que nos deu Lula: "A viaxe do cabaliño de mar"
MOITAS GRAZAS A LULA E A AUTORIDAD PORTUARIA DE FERROL-SAN CIBRAO!!!

A noticia da nosa visita na prensa: Galicia Ártabra Dixital




viernes, 24 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017

BARRIO FERROL VELLO










 
 
Visitáronnos uns encantadores velliños. Cantáronnos a Rosalía para lembrala unha vez máis no seu día..
Compañeiros de 4º, 5º e 6º...





martes, 21 de febrero de 2017

PREPARANDO O ENTROIDO

Xa temos no tendedeiro o barrio de Ferrol Vello...














...este ano levaremos de comparsa á lancha de Mugardos, ao parque da Ranita, á batería de S. Juan e á da Cortina, á iglesia do Socorro e todos os edificios do peirao de Curuxeiras...incluída a vella fábrica de lápis Hispania...

...tamén temos barquiñas recén  matrículadas...Todo feito con cartóns reciclados e moita maña.
Canto traballiño rapaces! Pero que ben o estades a facer!
                      E o venres....FESTAAAA!
               

martes, 14 de febrero de 2017

ACTIVIDADES DA TITORÍA ENTRE IGUAIS

O pasado venres levamos a cabo, dende a biblioteca, a primeira xuntanza de alumnos titores de 5º e os seus titorizados de 3º. 

Como xa fixeran actividades de presentación o primeiro día de inicio deste programa, agora trátase de facer xuntanzas cada certo tempo para coñecerse, gañar confianza e relacionarse. Esta vez, mediante os xogos que hai na biblioteca...
 

 

 

...na seguinte xuntanza veremos unha divertida película.

                      SÓS PODEMOS POUCO
             XUNTOS PODEMOS FACER MOITO        
                   👫👫👫👫👫👫👫👫👫👫👫👫