Este es el blog de aula del 2º ciclo de Primaria del Colegio Valle Inclán de Ferrol. Aquí podemos escribir, leer, comentar, jugar...hay un mundo de oportunidades para aprender...y no las vamos a dejar escapar.
MUSEO DE HISTORIA NATURAL - SGHN Hoxe visitamos o Museo da Sociedade Galega de Historia Natural
O primeiro que nos amosou Berta, a monitora do museo, foi a vitrina onde se atopan as mandíbulas de diferentes tipos de quenllas, incluso poidemos ver dúas crías disecadas e outra conservada nun frasco con alcohol
O Tiburón anguía tiña a cola rota
A Quenlla Focinuda é moi curiosa, a parte de ter un fuciño moi longo, ten sempre escondida a boca replegada dentro, e cando ve unha presa a saca para comela
A lura ou calamar xigante impresiona velo...iso que era unha cría!
Según nos explicou Berta, ten 8 metros de lonxitude totalmente estirados os tentáculos, e os adultos poden chegar a medir 20m e pesar centos de kilos... non o podemos comer porque é tóxico para os homes pero non para os cachalotes que sí aliméntanse con eles
Tamén se lles chama kraken e aquí tedes imáxenes de verdade de diversos tipos de kraken atopados polo mundo...
Foto impresionante dun kraken case tan grande como o buque
Logo vimos esqueletos e maquetas de baleas e de orcas...
Tomáchedes moitas notas de todo...agora xa sabemos que as baleas non teñen dentes, teñen barbas, e as orcas son as que teñen dentes .... vimos un cráneo con dentes picados!
Abaixo vemos barbas de balea, que a Bruno recordáronlle unha basoira
A tartaruga Campelo, atopada nesa praia, non tivo moita sorte ao caer atrapada nesa rede...mágoa!, é moi bonitiña
foca disecada
Na outra parte do museo atópanse animaliños terrestres
esqueleto de cervo e xabarín
Outra cousa moi curiosa ...a pel e o esqueleto da boa
O esqueleto e a pel da boa gustáronnos moito...Berta explicounos cómo comen as serpes grandes tragando as súas presas enteiras, por iso tardan meses en facer a dixestión....Neste vídeo podemos ver unha pitón comendo un crocodilo...
Tal e como nos explicou Berta, a boa estrangula a súa presa enroscándose nela e a traga enteira para logo dixerila despaciño
Neste outro vídeo vemos unha serpe máis pequena comendo un ovo
Tocamos e tocamos o tronco cortado dunha árbore do Cantón que tiña 89 anos cando caeu...contamos os aneis dende o centro...precioso!
Rubén tomando nota de todo ...
Nesta foto podemos ver en primeiro lugar un avispeiro moi ben formado
Paola tomando notas e Paula, Guillermo e Pablo diante do cervo e do xabarín (mascotas de D. Gregorio)...detrás están os zurullos
E por fin...os zurullos dos diferentes animais, importante coñecelos para identificar o animaliño que os fai
Fotito de zurullo 1
Fotito de zurullo 2
Todos gritando ZURULLO!!!!...que ben o pasáchedes!
Cal deles comería as miñas ocas?
Este museo resultounos moi interesante...e o temos moi cerca, así que tedes que animar aos vosos pais ou avós a ir velo e seguro que o volvedes pasar moi ben..... ....tamén vos animo a que leades "O Principiño"...a boa protagonista come un animaliño mooooi grande...