martes, 28 de abril de 2020

DEBUXAR UNHA VACA PASO A PASO

Seguide os pasos e lembrade usar o lápis con moita suavidade, sobretodo nas liñas que sirven para o boceto inicial e que logo temos que borrar...
➤Paso1  Dividimos pola metade o folio con dúas liñas, unha horizontal e outra vertical, moi suaves porque logo bórranse. Colocamos a cabeza co morro na cuadrícula superior esquerda. Marcamos pola metade, máis ou menos, da cabeza para comezar o corpo...    
 
➤Paso2 Facemos o corpo e as patas coas pezuñas, fixádevos que quede polo medio do folio máis ou menos...                                                

 
➤Paso3 Debuxamos os cornos, as orellas, os ollos, morro coa boca e o rabo....



 

                                                           ➤Pas4  Colocamos moscas arredor do rabo e, moi importante, as liñas que indican o  movemento do rabo. 
 ➤Paso5 Borramos al liñas do boceto inicial con coidado e repasamos cun rotulador fino todo o contorno por encima do làpis...
Xa está a vaca marela rubia galega...ou a frisona holandesa?

                                                                          Debuxade a que queirades pero mestres o facedes podedes escoitar esta canción tan divertida...."A vaca Marela"



No hay comentarios: