jueves, 30 de abril de 2020

BOTE SORPRESA

Imos reutilizar un bote como portafotos ou debuxos...
Materiais:
Un bote de cristal con tapa
Un cachiño de tea
Unha goma elástica
Unha foto
Folio
Regra
Cinta métrica
Lápis
Goma
Rotulador
Tesoiras



Pasos a seguir:
➤1- Medimos o contorno do bote coa cinta métrica, 24 cm. Marcamos esa medida, os 24cm, nun folio coa foto ben colocada  na esquina do folio.
➤2- Marcamos o rectángulo no folio para facer un debuxo, neste caso unha vaca marela.           
 Recortamos o debuxo e o metemos coa foto no bote, a vaca por un lado e a praia polo outro...         
➤3-  Colocamos a tapa no cento da tea e marcamos (polo revés) uns catro centímetro de cada lado para facer un círculo máis grande ca tapa e cortamos...
 

 

➤4- Colocamos a tapa no bote, coa tea redondiña encima e colocamos a goma ou un cordón...         
➤5- E xa temos a vaca marela no bote por un lado e a praia da Frouxeira polo outro...               


E como tiña esta fotocopia en color dos rapaces e rapazas de 3º, fixen outro bote...

XA OS TEÑO METIDOS NO BOTE!!!

PARA OS RAPACES E RAPAZAS DE 6º DE PRIMARIA. Que estades a facer o proxecto "Viaxe por España", propóñovos  debuxar a bandeira co escudo da rexión que estades a traballar e, se queredes, podédela meter nun bote como fixen eu coa nosa bandeira galega...



No hay comentarios: