Este es el blog de aula del 2º ciclo de Primaria del Colegio Valle Inclán de Ferrol. Aquí podemos escribir, leer, comentar, jugar...hay un mundo de oportunidades para aprender...y no las vamos a dejar escapar.
viernes, 15 de septiembre de 2017
martes, 13 de junio de 2017
POP UP - PEIRAO DE CURUXEIRAS
POSTAL POP UP PEIRAO DE CURUXEIRAS-FERROL VELLO
Materiais: Cartulina azul
Plantilla cos debuxos
Pinturas, pegamento e
tesoiras.
Modo de facela:
1º Fanse seis dobreces de 3 cm na
cartulina azul, así temos as tres ondas onde pegamos as barcas e pulpos.
2º Coloréanse os debuxos da
plantilla:
A dobrez dos edificios vai de cor
gris e leva pegadas as palmeiras.
PREMIOS DO CONCURSO CANVIVINDO
O concelleiro Luís Victoria, Eduardo Hermida e o noso alcalde Jorge Suárez fixeron entrega este sábado no Torrente Ballester aos gañadores do 1º Concurso Canvivindo...
Parabens Xabi, Martina, Sara, Manuela e Lucía polo diploma e o agasallo tan bonito que recibíchedes pola vosa participación...
domingo, 4 de junio de 2017
PARQUE DE MARCELLE
O pasado venres visitamos o parque zoolóxico de Marcelle en Outeiro de Rei...
No parque pódense atopar especies autóctonas como o lobo ibérico, o xabarín, o oso pardo; e tamén especies exóticas como bisontes, linces boreais, suricatas, avestruces, dromedarios, canguros, mapaches, capibaras, cebras e moitos máis...

"Oso furioso" deulles un bo susto aos rapaces...mirade o vídeo de Jasmín...
O suricata é moi curioso
Os bisontes tranquiliños á sombra
Dromedario posando para a foto.
lunes, 22 de mayo de 2017
CONCURSO CANVIVINDO
O Concello de Ferrol presentounos o primeiro concurso escolar de debuxo "Canvivindo".
Hoxe visitounos Luís Victoria, concelleiro da Área de Servizos, Sanidade, Consumo, Mercado e Benestar Animal.
Alejandro da instrucións a Noemí para que camine cara o contenedor.
Unha vez alí, David, o profe, axudarala a meterse dentro....
E Thor a traballarrrr e rastrexar!!!
Thor ulisqueando o rastro de Noemí.....Atoparala?
Hoxe visitounos Luís Victoria, concelleiro da Área de Servizos, Sanidade, Consumo, Mercado e Benestar Animal.
Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria presentáronse cos seus debuxos a este primeiro concurso do Concello. Vinculada a ese concurso, hoxe tivemos unha actividade coa Asociación CASAGA, levada por Alejandro Barreiro, coa finalidade de que os rapaces coñezan o cometido social dos cans, para que non os vexan soamente como mascotas para xogar....
O concelleiro Luís Victoria informounos que existe unha Ordenanza Municipal de Protección dos Animais e Convivencia Responsable.
Según as palabras do concelleiro Luís Victoria: “É algo máis que un concurso de debuxo, é un concurso que vai dedicado á concienciación dos nenos da boa convivencia cos animáis e concienciar tamén de que os animáis non son un xoguete”,
Aquí temos a Alejandro Barreiro da Asociación CASAGA
Alejandro explicounos as pautas básicas das mascotas no fogar...
Como debemos educar a nosa mascota...
Concienciounos das responsabilidades e obligacións que temos.
Xa no patio, Alejandro presentounos a Anca e fixo unha demostración do seu perfecto adestramento...
Aquí vemos a dúas intrépidas voluntarias poñendo o casco para logo introducilas nun contenedor....
...Anca ten que rastrexar e descubrir en que contenedor atópanse escondidas as rapazas...hai outro contenedor valeiro na outra esquina do patio...
Anca atopounas de contado...Era visto!!!
Foi moi divertido, aplaudimos moito a Anca e aos seus adestradores.
Logo presentáronnos a Thor,outro precioso can adestrado...
Esta vez ten que seguir o rastro de Noemí, que dende unha silla vaise achegar a un dos contenedores...Thor ten que seguir o rastro e atopala...
Alejandro da instrucións a Noemí para que camine cara o contenedor.
Unha vez alí, David, o profe, axudarala a meterse dentro....
E Thor a traballarrrr e rastrexar!!!
Thor ulisqueando o rastro de Noemí.....Atoparala?
Non tiñamos dúbida de que sí!!!
Noraboa Alejandro polo bo traballo que fas cos cans e parabens por levar tan exitosa Asociación.
Deixovos o enlace á asociación por se queredes coñecela máis
MOITAS GRAZAS CONCELLEIRO!
MOITAS GRAZAS ALEJANDRO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























































