lunes, 22 de mayo de 2017

CONCURSO CANVIVINDO

O Concello de Ferrol presentounos o primeiro concurso escolar de debuxo "Canvivindo". 
Hoxe visitounos Luís Victoria, concelleiro da Área de Servizos, Sanidade, Consumo, Mercado e Benestar Animal.
Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria presentáronse cos seus debuxos a este primeiro concurso do Concello. Vinculada a ese concurso, hoxe tivemos unha actividade coa Asociación CASAGA, levada por Alejandro Barreiro, coa finalidade de que os rapaces coñezan o cometido social dos cans, para que non os vexan soamente como mascotas para xogar....


O concelleiro Luís Victoria informounos  que existe unha Ordenanza Municipal de Protección dos Animais e Convivencia Responsable.
Según as palabras do concelleiro Luís Victoria: É algo máis que un concurso de debuxo, é un concurso que vai dedicado á concienciación dos nenos  da  boa convivencia cos animáis e concienciar tamén de que os animáis non son un xoguete”, 
Aquí temos a Alejandro Barreiro da Asociación CASAGA
Alejandro explicounos as pautas básicas das mascotas no fogar...

 Como debemos educar a nosa mascota... 
 Concienciounos das responsabilidades e obligacións que temos.
 Xa no patio, Alejandro presentounos a Anca e fixo unha demostración do seu perfecto adestramento...

Aquí vemos a dúas intrépidas voluntarias poñendo o casco para logo introducilas nun contenedor....
...Anca ten que rastrexar e descubrir en que contenedor atópanse escondidas as rapazas...hai outro contenedor valeiro na outra esquina do patio...
Anca atopounas de contado...Era visto!!!
Foi moi divertido, aplaudimos moito a Anca e aos seus adestradores.
Logo presentáronnos a Thor,outro precioso can adestrado...
Esta vez ten que seguir o rastro de Noemí, que dende unha silla vaise  achegar a un dos contenedores...Thor ten que seguir o rastro e atopala...


Alejandro da instrucións a Noemí para que  camine cara o contenedor.
 Unha vez alí, David, o profe, axudarala a meterse dentro....

E Thor a traballarrrr e rastrexar!!!


                     Thor ulisqueando o rastro de Noemí.....Atoparala?

Non tiñamos dúbida de que sí!!!
Noraboa Alejandro polo bo traballo que fas cos cans e parabens por levar tan exitosa Asociación.
Deixovos o enlace á asociación por se queredes coñecela máis
MOITAS GRAZAS CONCELLEIRO!
MOITAS GRAZAS ALEJANDRO!


















No hay comentarios: