miércoles, 6 de abril de 2016

CASA GRANDE DE XANCEDA

Hoxe visitamos unha granxa ecolóxica espectacular!
As monitoras explícannos o funcionamento da ecogranxa e guíannos por un simpático e interesante percorrido por todas as instalacións....
Un grupo foi, en primeiro lugar, ao Mini Establo para dar o biberón
aos terneros....

 




 
...algúns larpeiros non soltaban o biberón!
Sonche duros os traballos da granxa Ánxela?

Tamén dimos de comer e acariñamos a Luci, unha vaca nodriza e cega moi dócil, á que lle gusta amamantar aos terneriños doutras vacas 
 

 
Logo visitamos a modernísima sala de ordeño que dispón de alta tecnoloxía para controlar a produción de leite e o estado das vacas en todo momento. María contounos que as vacas tamén dispoñen dunha pulseira que controla todos os seus movementos e así poden detectar posibles enfermidades...incluso poden saber cando as vacas están namoradas!!!
 
Atentos na iogurtería ás explicacións de María para logo facer unha paradiña e probar o iogur de fresa....boísimo e cremoso!
 

 

Outro momento divertido foi dando de comer aos animais do Eco Zoo ....a porca Lola non comeu nada pero daba gusto vela
 

 
O outro grupo tivo a oportunidade de visitar os establos de cabalos e o galiñeiro...
 


 
E para rematar a mañá.....A xogar!!!
 

 

Fantástica visita! Gustouno todo a tod@s!!!

lunes, 28 de marzo de 2016

XA CHEGA A VALLE INCLÁN O CONTO VIAXEIRO 2016

      XA PODEDES VELO...CONTO VIAXEIRO 2016


 O CONTO VIAXEIRO xa chega ao cole o mércores día 30....aquí tedes o enlace para saber máis...CONTO VIAXEIRO
       Dende o concello chegan Ruth e Sino co conto viaxeiro. Unha fantástica aventura que iníciase no colexio Belén. Nós somos o oitavo colexio dos doce que participamos nesta viaxe. Polo mes de abril rematará e poderemos coñecer entonces o resultado final deste conto viaxeiro.
Ruth le a introdución e o nó do conto viaxeiro para que os rapaces o continúen....
 

 
 
Por grupos continúan a historia


O portavoz de cada grupo le en voz alta as aventuras que crearon para logo escoller, dar forma á definitiva e debuxala....
 

 O protagonista é o noso triatleta Javier Gómez Noya.... máxicos personaxes o acompañan nas súas andanzas, imaxinades quen son?

Ruth e Sino dirixen estupendamente o traballo dos equipos
 

 
Por último as frases dos nenos son rexistradas en audio.  A aventura que imaxinaron, outros nenos e nenas a continuarán e así este fantástico conto seguirá viaxando por ferrolterra.
          Que estupendo e completo traballo!!
          Estamos desexando velo enteiro....
................e aquí o temos!!
O CONTO VIAXEIRO 2016