O CONTO VIAXEIRO xa chega ao cole o mércores día 30....aquí tedes o enlace para saber máis...CONTO VIAXEIRO
Dende o concello chegan Ruth e Sino co conto viaxeiro. Unha fantástica aventura que iníciase no colexio Belén. Nós somos o oitavo colexio dos doce que participamos nesta viaxe. Polo mes de abril rematará e poderemos coñecer entonces o resultado final deste conto viaxeiro.
Ruth le a introdución e o nó do conto viaxeiro para que os rapaces o continúen....
Por grupos continúan a historia
O portavoz de cada grupo le en voz alta as aventuras que crearon para logo escoller, dar forma á definitiva e debuxala....
O protagonista é o noso triatleta Javier Gómez Noya.... máxicos personaxes o acompañan nas súas andanzas, imaxinades quen son?
Por último as frases dos nenos son rexistradas en audio. A aventura que imaxinaron, outros nenos e nenas a continuarán e así este fantástico conto seguirá viaxando por ferrolterra.
Que estupendo e completo traballo!!
Estamos desexando velo enteiro....
................e aquí o temos!!
O CONTO VIAXEIRO 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario