lunes, 28 de marzo de 2016

XA CHEGA A VALLE INCLÁN O CONTO VIAXEIRO 2016

      XA PODEDES VELO...CONTO VIAXEIRO 2016


 O CONTO VIAXEIRO xa chega ao cole o mércores día 30....aquí tedes o enlace para saber máis...CONTO VIAXEIRO
       Dende o concello chegan Ruth e Sino co conto viaxeiro. Unha fantástica aventura que iníciase no colexio Belén. Nós somos o oitavo colexio dos doce que participamos nesta viaxe. Polo mes de abril rematará e poderemos coñecer entonces o resultado final deste conto viaxeiro.
Ruth le a introdución e o nó do conto viaxeiro para que os rapaces o continúen....
 

 
 
Por grupos continúan a historia


O portavoz de cada grupo le en voz alta as aventuras que crearon para logo escoller, dar forma á definitiva e debuxala....
 

 O protagonista é o noso triatleta Javier Gómez Noya.... máxicos personaxes o acompañan nas súas andanzas, imaxinades quen son?

Ruth e Sino dirixen estupendamente o traballo dos equipos
 

 
Por último as frases dos nenos son rexistradas en audio.  A aventura que imaxinaron, outros nenos e nenas a continuarán e así este fantástico conto seguirá viaxando por ferrolterra.
          Que estupendo e completo traballo!!
          Estamos desexando velo enteiro....
................e aquí o temos!!
O CONTO VIAXEIRO 2016












martes, 15 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA - ENQUISA A EDUARDO HERMIDA

 Esta semana adicada á prensa tivemos a visita de Eduardo Hermida....
 
Amosounos vídeos dos artistas pintando as Meninas en Canido e as actuacións dos grupos musicais que, no primeiro fin de semana de setembro, enchen o barrio de visitantes, música, cor e ledicia. 

Nós fixémoslle unha morea de preguntas aproveitando esta semana adicada á prensa para facerlle unha interesante enquisa...

Como se che ocorreu esta iniciativa?
                 Pensas que o barrio mellorou? en que?
                                Que pensan os veciños, están contentos?
Se poideras entrar no cadro das Meninas, que farías?
 E se poideras sacar do cadro a algún personaxe, a quen sacarías?
Por que escolliches o cadro de Velázquez?
                 É o teu pintor preferido?.....


As respostas da enquisa, as noticias entorno a iniciativa de Hermida en Canido e todo o que acontece no mundo, quedaron rexistradas no noso periódico.....e aínda traballaremos coa prensa nos vindeiros días...

Moitas grazas Eduardo



lunes, 7 de marzo de 2016

8 de Marzo 2016

                       Todos os días son 8 de Marzo                             
 Nesta data lembramos que, hai máis de un século, un 8 de marzo de 1857, un grupo de mulleres que traballaban facendo roupa nunha fábrica, tomaron a decisión de sair ás rúas de New York a protestar polas penosas condicións nas que traballaban.


En moitos países do mundo homes e mulleres únense para celebrar a loita da muller pola igualdade, a xustiza e a paz.
Nós imos render homenaxe dende aquí a algunhas mulleres galegas que destacaron polo seu traballo e a súa valentía...
María Castaña (s. XIV – Lugo) Muller labrega que encabezou a revolta contra os impostos que o obispo de Lugo cobraba.



María Pita (Cambre 1565 – Cambre 16439) “Quen teña honra, que me siga”. Heroína que loitou contra os piratas ingleses que invadiron A Coruña.




María Soliña (Cangas, s.XVI, 1551) Valente muller que loitou polo seu ata a locura.

Polos camiños de Cangas       As ondas do mar de Cangas
A voz do vento xemía:             Acedos ecos traían:
Ai, que soliña quedaches,       Ai, que soliña quedaches,
María Soliña.                           María Soliña.

Nos areales de Cangas,          As gaivotas sobre Cangas
Muros de noite se erguían:      Soños de medo tecían:
Ai, que soliña quedaches,        Ai, que soliña quedaches
María Soliña.                            María Soliña.


Rosalía de Castro (Santiago 1837- Padrón 1885) Poetisa e novelista extraordinaria.




Concepción Arenal (Ferrol,1820 – Vigo 1893) Combativa e loitadora ante as inxustizas da época.





Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851- Madrid 1921) Gran escritora.



Todos os días....
todas as mulleres...
traballadoras-soñadoras-emprendedoras- aventureiras- exemplares- creadoras...
... sempre sempre valentes loitadoras.

      - E agora pensao ben....

         Quen é a muller máis importante para ti?

miércoles, 2 de marzo de 2016

CICLO DA AUGA

     A mellor maneira de entender como se forman as nubes é facendo o noso propio Ciclo da Auga....
    
 
Coa axuda de Marta, Lidia, Trancas (Candela) e Barrancas (Dani Alegre) empezamos o noso experimento.... 

 Mentres Trancas-Candela anota os pasos a seguir no encerado, Lidia enche de auga o sobre de plástico que sostén coidadosamente Barrancas-Dani ....
 
Logo, Marta engade unhas gotiñas de colorante alimenticio azul na auga do sobre transparente e...tachánnnn, xa temos o noso mar metido na bolsa....O pegamos na fiestra e debuxamos as ondas do mar, o Sol, as nubes e as precipitacións....

Coas flechas indicamos como circula a auga: dende que a calor do Sol fai que se evapore a auga do mar ao quentarse, sube ata atmosfera formando as nubes, e cando arrefría caen as precipitacións que volven ao mar.

Si queredes ver debuxos animados divertidos explicandoo, tedes que clicar en: Viaxando no ciclo da auga



miércoles, 24 de febrero de 2016

EU SON ROSALÍA

     Tal día como hoxe, un 24 de febreiro, de 1837, naceu Rosalía de Castro, e no cole a lembramos lendo e ilustrando un precioso poema dela.
    O Concello de Ferrol a través de Normalización lingüística e da Biblioteca Municipal, conmemora este 179 aniversario agasallando aos centros co libro de "Rosalía pequeniña" para a biblioteca.

     Este libro contén un CD que recolle composicións de Uxía sobre poemas de Rosalía de Castro, agás dous, un de Curros Enríquez e outro de Luís Emilio Batallan, que permite achegar aos nenos á poesía de Rosalía....déixovos un enlace para que os vexades clicando no nome de Rosalía de Castro

Feliz 179 aniversario Rosalía!

Na Biblioteca Municipal, ao pedir prestado un libro en galego, agasállante un lápis e unha libretiña de notas...así que xa sabedes, o próximo 24 de febreiro ide por alí a celebrar o día....
Pedín prestado para vós este precioso libro "Tempos de Norte"

 

 


Nel podemos atopar moitas ideas para facer un pequeno observatorio meteorolóxico. 

sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016 OPA CANIDO!

    Comparsa do Valle Inclán polo barrio de Canido
3º de Primaria preparando o seu disfraz.......

 
 




 
Listos para emprender a ruta ata Canido....
Meninas veñen, Meninas veñen
Meninas veñen e van
   Non te vaias de Canido
   Ven con nós a pasear...
Encontro con Eduardo Hermida....




Compañeiros de 4º coa Menina Pablo...


Canto traballo e canta diversión...
Moitas grazas a todos os pais e nais e a Eduardo Hermida pola vosa colaboración.

OPA CANIDO!!!
OPA VALLE INCLÁN!!!