No mes de xaneiro iniciamos o trimestre coa dinámica de grupo A DIANA para coñecernos aínda un chisquiño máis e retomar a idea do traballo en equipo...
Formáronse catro equipos, cada un escolleu o nome e o logo do seu grupo. Nomeáronse cargos e funcións e marcáronse as normas entre todos.
Outra actividade que fixemos para preparar e sensiblilizar no traballo cooperativo foi a lectura compartida de "Los gansos" e "Asamblea en la carpintería".
Ao remate da lectura, cada grupo plasmou nun folio a súa conclusión e colocouse no corcho...
➽No mes de febreiro, na hora de lectura, iníciase o kamishibai. Cada grupo escolle un conto do libro de lectura"Cambiache o conto"e comenza o proceso seguindo os seguintes pasos:
➤En primeiro lugar un alumno do equipo empeza a escribir o resumo do conto.
➤Pasa o folio a outro compañeiro do grupo que continúa o resumo.➤O folio vai xirando pasando por todos os membros do grupo ata o remate.
➤Cando un alumno está escribindo, todos os demáis mantense atentos para axudarlle e correxir se fose necesario.
➤Ao remate do resumo ponse de acordo para facer o seguinte traballo que consiste en facer un debuxo para a lámina do kamishibai que corresponda co texto do resumo feito.
➤Por último, pasan o texto a word no ordenador da aula para logo imprimilo, emparellar os debuxos cos textos correspondentes e plastificalos. Os textos están escritos en castelán, galego e inglés por eles mesmos...
E o resultado final quedou así de bonito....
>
Divertidos contos para representar co kamishibai na biblioteca ao resto dos compañeiros
O grupo dos Mascoteros amosando o seu conto na biblioteca para os pequerrechos de infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario