martes, 8 de noviembre de 2016

GALICIENCIA 2016

 O ano pasado poidemos participar no 10º aniversario de Galiciencia mostrando o Proxecto de Investigación Científica de Primaria: Que condicións inflúen na aparición e crecemento do mofo? Feito o ano anterior polos rapaces cando estaban en 3º e foron premiados co 2º Premio Luís Freire de Investigación Científica.

 Este ano foron seleccionados dous proxectos do noso cole, xunto con outros catro de centros de ferrolterra.
 Marta Del Río e Manuela López , de 4º de primaria, mostrarán os patróns comúns de crecemento de todos os seres vivos.
Luisa López e André Romero, compañeiros de 5º, concurren cun proxecto bautizado como: Que tesouros agochan os mosaicos árabes en España?, analizando as matemáticas que conteñen os fundamentos xeométricos da arquitectura arábiga.

Temos a oportunidade de mostrar os dous proxectos en Galiciencia - Tecnópole en Ourense 2016...isto é un orgullo para toda a comunidade educatica...Parabéns rapaces, mestres e familias implicadas!!!

¿Que é a Galiciencia?
A Galiciencia é a maior feira científica de Galicia
Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole o 17 de novembro. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, como o que imos presentar nós nun estand. Arredor dela, organízanse tamén actividades paralelas, como talleres e espectáculos.
Aquí tedes o enlace para informarvos máis deste interesantísimo evento...GALICIENCIA 2016
A nosa participación o ano pasado.
.



No hay comentarios: