miércoles, 20 de abril de 2016

ARTE RUPESTRE NO COLE

     
 
Entramos na cova de 4º de Primaria para ver as obras de "arte rupestre" creadas case case como no Paleolítico... 
 
 
No primeiro período da Prehistoria os homes primitivos vivían en covas durante o inverno e pintaban animais, mans e esceas de caza nas paredes e nos teitos. 
O vermello era a cor máis utilizada, xunto co negro, ocre, amarelo e branco.
Usaban pigmentos minerais molidos e carbóns vexetais. O po de pigmento era aplicado directamente ou mesturado con graxa ou resina.
Ademáis de pintar coas mans, usaban pinceis de pelo de animais para conseguir trazos finos, tamén collían ramas queimadas ou resinas das árbores, outras veces usaban canas ocas para soplar a pintura sobre a pedra ou collían un buche de pintura líquida na boca para logo escupir na parede deixando o contorno da man...
Os nosos Neanderthais de 4º utilizaron pintura de dedos para transportarse nuns intres ao Paleolítico....



ARTISTAZOS!

No hay comentarios: