lunes, 16 de noviembre de 2015

A NOSA PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA 2015

 O xoves 19 imos participar no 10º aniversario de Galiciencia co Proxecto de Investigación Científica de Primaria: Qué condicións inflúen na aparición e crecemento do mofo? Feito o ano pasado polos rapaces de 4º que foron premiados co 2º Premio Luís Freire de Investigación Científica. Este ano temos a oportunidade de mostrar o proxecto en Galiciencia - Tecnópole en Ourense.
¿Que é a Galiciencia?
A Galiciencia é a maior feira científica de Galicia
Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18,19 e 20 de novembro. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, como o que imos presentar nós nun estand. Arredor dela, organízanse tamén actividades paralelas, como talleres e espectáculos. relacionadas co Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz
.
As actividades e talleres nos que participaremos son os de....
Robótica
50 minutos. Alumnado de 4º Primaria
A programación e a robótica están presentes nunha gran cantidade de elementos que nos rodean hoxe en día, polo que se fai necesario aproximarse aos seus conceptos básicos dunha maneira lúdica.O taller trata de achegar os participantes á ciencia e tecnoloxía, combinando a construción e programación de robots dunha maneira práctica e activa.
Como verdadeiros enxeñeiros, mediante o traballo cooperativo, resolverán retos e problemas sinxelos, poñendo a proba os coñecementos adquiridos durante o taller.
 Estas son algunhas fotos da experienxia dos rapaces de 4º nesta fantástica actividade de robótica....
 

 

Xogando coa Luz
50 minutos. Alumnado de 3º Primaria 
Neste taller trátase de achegar aos asistentes conceptos básicos sobre a luz e sobre a formación e a percepción das cores mediante a realización de varias experiencias que serán reforzadas con material audiovisual.
Ao finalizar o taller ,os participantes poderán concluír que o cerebro interpreta a información transmitida polos órganos da visión para construír a realidade. 
Aquí vemos os grupos de rapaces e rapazas de 3º que foron participando nas distintas actividades coa luz...
 

 
Aquí tedes a páxina web por si queredes buscar máis información: https://www.tecnopole.es/es/galiciencia

Recordamos o proxecto dos compañeiros de 4º

Outras fotos da nosa visita a Ourense...
O parque de recreo de Barbaña, á veira do río, un sitio ideal para o descanso e o xogo.


Nosa participación en Galiciencia foi todo un éxito, felicitáronnos polo poder de convocatoria que conseguiron Luisa e André expoñendo o proxecto no noso stand...O fixéchedes tod@s fenomenal!!!

Ao rematar a visita á Tecnépole fumos de paseo pola cidade.
Rosa guiounos polas rúas de Ourense explicando o beneficio das augas termais das Burgas (a 67ºC) recomendadas para problemas da pel, reuma e artritis... 
 

 
Contounos que o manancial atópase a 3000m de profundidade e tarda 25 anos en subir a auga quente á superficie e que antigamente usábase a fonte para escaldar os polos e quitarlles as plumas con máis facilidade.

Logo visitamos a Praza Maior, onde se atopa o concello de Ourense. Como dato curioso, contounos Rosa, que é a praza maior máis inclinada de toda España. Fíxonos esta foto do grupo....

Tamén visitamos a catedral. A gran entrada occidental (Pórtico do Paraíso) reproduce, de maneira simplificada, a estructura do Pórtico da Gloria da catedral compostelana. É posterior á de Santiago e chamounos a atención as cores ben conservadas das figuriñas alí representadas.
 





No hay comentarios: