miércoles, 3 de abril de 2019

ESTACIÓN DE BIOLOXÍA MARIÑA DE A GRAÑA

Rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria visitaron hoxe as magníficas instalacións da Estación de Bioloxía Mariña da Graña...

María Candás, Wily e Xela, traballadores da Estación de Bioloxía Mariña da USC, foron os profesionais encargados de amosar as distintas depencias aos rapaces: laboratorios, biblioteca, comedor, sala de buceo.
 
Estación da Graña é unha institución científica que pertence a Universidade de Santiago de Compostela (USC), consta de dous preciosos edificios: "A casa do Hórreo" e "A casa da Estrela"
En primeiro lugar e a todo filispín, fumos recoller cunchas e animaliños á praia aproveitando a marea baixa...Cando os cubos xa estiveron ben enchidos, escapamos da chuvia e o frío cara o laboratorio da Casa da Estrela...
 

No laboratorio valeiramos os cubiños coa nosa "pesca"nas peceiras.
Un grupo quedou no laboratorio para mirar coas lupas os bichiños , algas e cunchas capturados..




Na sala de buceo, Xela explica como se utiliza a botella e os traxes especiais que utilizan.

 A ela gústalle moito bucear e contoulle aos rapaces que onte foi de mergullo e levou uns 15 quilos enriba entre traxes e aparellos.

A verdade é que da gusto escoitar o entusiasmo que ten Xela polo seu traballo.


Mentres, o outro grupo visitou a sala de buceo.

 Escoitaron as explicacións de Wily con moito interés e mesmo comprobaron eles mesmos o que pesaba a botella de aire dos mergulladores...


 

Noutro laboratorio atopamos a Sara e a Xela en plena investigación...
 


Wily amosounos unha especie nova de babosa mariña atopada por eles...

Quedamos abraiados co descubremento!

Tamén vimos fotos da foca e a tartaruga que atoparon feridas e que eles coidaron na propia estación.


Foi interesantísima a visita á sala de Ordenadores e Análise da Imaxe para ver a tomografía dunha avespa velutina...
Tod@s fixemos un descansiño para repoñer forzas no comedor da Casa da Estrela...
 Logo, intercambiamos espazos cos dous grupos...Nas seguintes fotos vemos a María Candás no laboratorio explicando a utilización das lupas para ver os animaliños recollidos na praia...

 


Por uns intres tod@s sentímonos pequenos científicos.



Yerai pasouno pipa pescando e repescando cousas nas peceiras...

 




 Xa no colexio, fixemos unha reflexión de todo o acontecido esta mañá na Estación da Graña...E decoraron as cunchas que atoparon na praia da Graña con moito gusto...


 Máis de un prometeu estudar moito para ser no futuro grandes científicos como María,Willy e Xela. E dende aquí, dámoslles as grazas aos tres polo seu entusiasmo, paciencia e bo traballo cos rapaces.
                                      Seguro que volveremos a vernos!!!




viernes, 15 de marzo de 2019

EXPERIMENTANDO NO LABORATORIO

Ao longo desta semana levamos a cabo, no laboratorio, interesantes experimentos en cooperativo relacionado co tema de saúde, dieta e hiexiene...
A actividade proposta para este grupo xira entorno a pregunta...
➤  Por que é importante lavar os dentes? 
Coa dinámica de lectura compartida, este grupo inicia o experimento seguindo as instruccións dadas...
Utilízanse 3 ovos brancos, coca cola, pasta e cepillo de dentes, etiquetas e vasos transparentes.
No vaso 1 metemos un ovo e o enchemos de coca cola.
No vaso 2 metemos outro ovo que cepillamos ben con pasta de dentes antes de sumerxirlo en coca cola.
No vaso 3 metemos o outro ovo con auga.
Todos os días procédese a cambiar a coca cola dos vasos1 e 2 pero soamente cepíllase coa pasta de dentes o ovo 2, o 3 queda coa auga.

 
 
 
 




A actividade deste outro grupo xira entorno a pregunta..
➤Mans realmente limpas? Co fin de entender a importancia que ten lavarnos as mans antes de comer, realizamos este sinxelo experimento para observar o que lle sucede a unha manzá cando   a collemos coas mans sucias...
Utilizamos dous tarros con tapa, etiquetas, unha manzá e un coitelo.
En primeiro lugar, coa dinámica da lectura compartida, procédese a ler as instruccións e repartir o traballo sempre de común acordo. 
Antes de comenzar lávanse ben as mans e procédese ao etiquetado dos tarros (mans limpas e mans sucias), córtase a manzá pola metade e en rodaxas. No tarro coa etiqueta de mans limpas vótanse a metade das rodaxas de manzá.
 
 
 
Este grupo tivo que saír ao patio a emporcarse as mans coa terra para coller as rodaxas de manzá coas mans sucias e metelas no outro tarro...
 

 
 Igual que o primeiro grupo, co folio xiratorio, anotan as observacións do deterioro da manzá de cada tarro todos os días.
Os grupos comparten entre sí o observado e as anotacións feitas para chegar ao final a interesantes conclusións.
➤A terceira experiencia consiste na observación e comparación de 4 tipos de ovos:
                                  Avestruz  -  Oca  -  Galiña -  codorniz
 En primeiro lugar len os pasos a seguir para logo comenzar a observación, medición e anotación...
                                               Quedamos abraiados co ovo de avestruz!!!


Para finalizar, utilizamos as xemas dos ovos e fixemos pintura ao temple
Como pigmento usamos tizas machacadas que mesturamos coas xemas e con auga...





                        A pintura ao temple como Leonardo Da Vinci... 
                                          VAIA ARTISTAS!!!