EXPERIMENTO 1: MEZCLAS-FORMAMOS UN GAS
Hoxe na clase fixemos mezclas para formar un gas.
Un grupo de 5 rapaces iniciaron o primeiro experimento...
➤MATERIAIS:
➧5 botellas iguais e dous tapóns
➧5 globos de 5 cores diferentes
➧Vinagre
➧Bicarbonato sódico
➧Un funil (embudo)
➤PROPORCIÓNS
1 Tapón de bicarbonato en cada globo
1-3-5-7 e 10 tapóns de vinagre nas respectivas botellas
➤IMOS ALÓ...
En primeiro lugar preparan os materiais...
Comezan os nosos científicos enchendo os globos co tapón cheo de bicarbonato...
Todos os globos teñen a mesma cantidade de bicarbonato.
Agora procedemos a botar o vinagre en diferentes cantidades nas botellas. Na primeira 1 tapón de vinagre, na 2ª 3 tapóns, na 3ª 5, na 4ª 7 e na 5ª 10 tapóns de vinagre...
Agora ven a parte máis delicada...Colocar cada globo na boca das botellas...
O primeiro en levantar o globo é Alex, o bicarbonato do globo cae sobre o vinagre da botella e...
Cada vez ínflase máis o globo porque hai máis vinagre cada vez nas botellas...
EXPERIMENTO2 : RECREAMOS UN VOLCÁN
➤ Materiais: .-Unha botella de auga
.-Plastilina
.-Bicarbonato
.-Vinagre
.-Colorante alimenticio
.-Muñequiños
➤ En primeiro lugar, o segundo grupo, recrea un volcán arredor da botella coa plastilina...
Despois introducen o bicarbonato na botella...
Logo procédese a mezclar o vinagre co colorante azul ....
Ainhoa bota a mezcla na botella que contén o bicarbonato e...
Este foi o divertido resultado...
Podedes ollar o vídeo...
QUE DIVERTIDOS EXPERIMENTOS !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario