A actividade proposta para este grupo xira entorno a pregunta...
➤ Por que é importante lavar os dentes?
Coa dinámica de lectura compartida, este grupo inicia o experimento seguindo as instruccións dadas...
Utilízanse 3 ovos brancos, coca cola, pasta e cepillo de dentes, etiquetas e vasos transparentes.
No vaso 1 metemos un ovo e o enchemos de coca cola.
No vaso 2 metemos outro ovo que cepillamos ben con pasta de dentes antes de sumerxirlo en coca cola.
No vaso 3 metemos o outro ovo con auga.
Todos os días procédese a cambiar a coca cola dos vasos1 e 2 pero soamente cepíllase coa pasta de dentes o ovo 2, o 3 queda coa auga.
A actividade deste outro grupo xira entorno a pregunta..
➤Mans realmente limpas? Co fin de entender a importancia que ten lavarnos as mans antes de comer, realizamos este sinxelo experimento para observar o que lle sucede a unha manzá cando a collemos coas mans sucias...
Utilizamos dous tarros con tapa, etiquetas, unha manzá e un coitelo.
En primeiro lugar, coa dinámica da lectura compartida, procédese a ler as instruccións e repartir o traballo sempre de común acordo.
Antes de comenzar lávanse ben as mans e procédese ao etiquetado dos tarros (mans limpas e mans sucias), córtase a manzá pola metade e en rodaxas. No tarro coa etiqueta de mans limpas vótanse a metade das rodaxas de manzá.
Este grupo tivo que saír ao patio a emporcarse as mans coa terra para coller as rodaxas de manzá coas mans sucias e metelas no outro tarro...
Igual que o primeiro grupo, co folio xiratorio, anotan as observacións do deterioro da manzá de cada tarro todos os días.
Os grupos comparten entre sí o observado e as anotacións feitas para chegar ao final a interesantes conclusións.
➤A terceira experiencia consiste na observación e comparación de 4 tipos de ovos:
Avestruz - Oca - Galiña - codorniz
En primeiro lugar len os pasos a seguir para logo comenzar a observación, medición e anotación...
Quedamos abraiados co ovo de avestruz!!!
Para finalizar, utilizamos as xemas dos ovos e fixemos pintura ao temple.
Como pigmento usamos tizas machacadas que mesturamos coas xemas e con auga...
A pintura ao temple como Leonardo Da Vinci...
VAIA ARTISTAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario