Hoxe visitamos o teatro Jofre con José Manuel, o guía do Concello
Unha vez dentro, amosounos o busto do apoderado Joaquín Jofre Maristany. De ahí o nome do teatro.
Tamén estivemos na parte máis alta, no galiñeiro...
Estivemos moi cerquiña dos anxos pintados no teito.
No patio de butacas, José Manuel, explicounos que elevábase á altura do escenario mediante un mecanismo complexo, convertindo o recinto nun amplo salón para bailes, banquetes ou o que se terciara...
Tamén estivemos no balcón e poidemos apreciar dende alí a fachada diseñada polo arquitecto modernista Rodolfo Ucha e as fermosas vistas...Correos, Cantón, casa Romero, Porta do Dique...
Dende a galería lateral do teatro apreciamos o Arsenal e o dique construído naquela época.
Aquí José Manuel explicounos a importancia que tiña a construcción do dique para a cidade de Ferrol...
As caras da fachada representan a traxedia e a comedia. A parte dereita do edificio mantén a fachada anterior á intervención de Ucha....apréciase a diferencia co estilo modernista...
Unha vez rematada a visita ao Jofre, despedímonos de José Manuel e escomenzamos a Ruta do Modernismo coa nosa guía de Fertur, Isabel...
Dende as escaleiras do edificio de Correos, Isabel, explícanos a importancia das obras modernistas feitas en Ferrol polo arquitecto Rodolfo Ucha. Unha das máis fermosa é a casa Romero...
Detalle da fachada da casa Romero
Na Alameda de Suances vemos a Isabel explicando no estanque o plano de Ferrol e a rosa dos ventos do chan do Cantón que sírvenos para orientarnos...
Diante do actual edificio de A Fundación fixemos unha paradiña para repoñer forzas...
Isabel fálanos de cando foi unha cárcere, un instituto e casa do concello...hoxe é un centro cultural.
Casa Brañas (hoxe Acevedo), Hotel Suizo e Fonda
Casa Pereira e o edificio do Correo Gallego
Fermosos detalles e anécdotas contadas por Isabel, como que as flores dos balcóns mercábanse nas ferreterías porque caían con facilidade ás rúas e repoñíanse constantemente.
Xa temos moita información que engadir para o noso Proxecto Terra deste ano adicado ao Barrio da Magdalena.
Agradecemos a José Manuel e a Isabel a súa boa labor cara ao noso proxecto.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario