miércoles, 19 de abril de 2017

CICLO DA AUGA

A mellor maneira de explicar o ciclo da auga na natureza, é comprobando, de maneira sinxela, que a auga azul da bolsiña, igual que a auga dos mares e océanos, evapórase coa calor do Sol...Imos crear o noso propio Ciclo da Auga...

Nos mares e océanos evapórase unha cantidade de auga enorme que sube a atmósfera e forma nubes que logo descargan a auga en forma de choiva, saraiba ou neve. Esa auga vai parar de novo aos mares e océanos completando así o ciclo...


Na bolsa evapórase e condénsase a auga coa calor do Sol para logo baixar outra vez ao "noso mar" azuliño feito con auga e colorante alimenticio azul. 
Coas frechas feitas cun rotulador, indicamos como circula a auga: A calor do Sol fai que se evapore a auga da bolsiña ao quentarse, sube ata a parte de arriba da bolsiña e, cando arrefría, caen as gotiñas (tocando na nube do plástico) que volven baixando ao líquido azul.
                 
Podedes ver unha  explicación do ciclo da aula no vídeo...



No hay comentarios:

Publicar un comentario