As monitoras explícannos o funcionamento da ecogranxa e guíannos por un simpático e interesante percorrido por todas as instalacións....
Un grupo foi, en primeiro lugar, ao Mini Establo para dar o biberón
aos terneros....
...algúns larpeiros non soltaban o biberón!
Sonche duros os traballos da granxa Ánxela?
Logo visitamos a modernísima sala de ordeño que dispón de alta tecnoloxía para controlar a produción de leite e o estado das vacas en todo momento. María contounos que as vacas tamén dispoñen dunha pulseira que controla todos os seus movementos e así poden detectar posibles enfermidades...incluso poden saber cando as vacas están namoradas!!!
Atentos na iogurtería ás explicacións de María para logo facer unha paradiña e probar o iogur de fresa....boísimo e cremoso!
Outro momento divertido foi dando de comer aos animais do Eco Zoo ....a porca Lola non comeu nada pero daba gusto vela
O outro grupo tivo a oportunidade de visitar os establos de cabalos e o galiñeiro...
E para rematar a mañá.....A xogar!!!
Fantástica visita! Gustouno todo a tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario