As actividades e talleres nos que participaremos son os de....
Este es el blog de aula del 2º ciclo de Primaria del Colegio Valle Inclán de Ferrol. Aquí podemos escribir, leer, comentar, jugar...hay un mundo de oportunidades para aprender...y no las vamos a dejar escapar.
sábado, 19 de diciembre de 2015
miércoles, 16 de diciembre de 2015
ASTROS NA BIBLIOTECA
O pasado día 7 tivemos a sorte de contar coa presencia de Paulino Gasalla, coordinador de Astronomía da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), que veu a dar unha charla para os alumnos de 3º e 4º de Primaria....En primeiro lugar explicounos a contaminación lumínica...
Falounos do Universo, do noso Sistema Solar, de cada un dos planetas e dos seus satélites...
Amosounos imaxes da cara oculta da lúa e vimos tamén fotos, enviadas polos satélites, de montes e depresións de Marte.
Vimos xirar todas as constelacións de estrelas coas súas fantásticas formas e falou con nós de distancias, tamaños e cores de todos os astros do Universo.
Foi unha charla moi interesante do noso Mundo e de todo o que nos rodea.
Moitas grazas Paulino pola charla.
martes, 17 de noviembre de 2015
VISITA A CANIDO DE 5º Y 6º
O pasado venres os rapaces de 5º e 6º de Primaria visitaron o barrio de Canido.
A primeira paradiña foi no estudio de Eduardo Hermida, que volveu a abrir as súas portas, igual que o fixo cando fumos a visitalo nós ...
A primeira paradiña foi no estudio de Eduardo Hermida, que volveu a abrir as súas portas, igual que o fixo cando fumos a visitalo nós ...
Percorreu connosco as rúas e explicounos a súas andanzas dende o inicio desta iniciativa....
Tamén ensinounos a reforma da súa casa.....
Moitas grazas, Eduardo, pola túa dedicación e parabéns pola fermosa iniciativa.
lunes, 16 de noviembre de 2015
A NOSA PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA 2015
O xoves 19 imos participar no 10º aniversario de Galiciencia co Proxecto de Investigación Científica de Primaria: Qué condicións inflúen na aparición e crecemento do mofo? Feito o ano pasado polos rapaces de 4º que foron premiados co 2º Premio Luís Freire de Investigación Científica. Este ano temos a oportunidade de mostrar o proxecto en Galiciencia - Tecnópole en Ourense.
Contounos que o manancial atópase a 3000m de profundidade e tarda 25 anos en subir a auga quente á superficie e que antigamente usábase a fonte para escaldar os polos e quitarlles as plumas con máis facilidade.
¿Que é a Galiciencia?
A Galiciencia é a maior feira científica de Galicia
Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18,19 e 20 de novembro. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, como o que imos presentar nós nun estand. Arredor dela, organízanse tamén actividades paralelas, como talleres e espectáculos. relacionadas co Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz
.
Robótica
50 minutos. Alumnado de 4º Primaria
A programación e a robótica están presentes nunha gran cantidade de
elementos que nos rodean hoxe en día, polo que se fai necesario aproximarse aos
seus conceptos básicos dunha maneira lúdica.O taller trata de achegar os participantes á ciencia e tecnoloxía,
combinando a construción e programación de robots dunha maneira práctica e
activa.
Como verdadeiros enxeñeiros, mediante o traballo cooperativo, resolverán
retos e problemas sinxelos, poñendo a proba os coñecementos adquiridos durante
o taller.
Estas son algunhas fotos da experienxia dos rapaces de 4º nesta fantástica actividade de robótica....
Estas son algunhas fotos da experienxia dos rapaces de 4º nesta fantástica actividade de robótica....
Xogando coa Luz
50 minutos. Alumnado de 3º Primaria
Neste taller trátase de achegar aos asistentes conceptos básicos sobre a
luz e sobre a formación e a percepción das cores mediante a realización de
varias experiencias que serán reforzadas con material audiovisual.
Ao finalizar o taller ,os participantes poderán concluír que o cerebro
interpreta a información transmitida polos órganos da visión para construír a
realidade.
Aquí vemos os grupos de rapaces e rapazas de 3º que foron participando nas distintas actividades coa luz...
Aquí vemos os grupos de rapaces e rapazas de 3º que foron participando nas distintas actividades coa luz...
Aquí tedes a páxina web por si queredes buscar máis información: https://www.tecnopole.es/es/galiciencia
Recordamos o proxecto dos compañeiros de 4º
Outras fotos da nosa visita a Ourense...
O parque de recreo de Barbaña, á veira do río, un sitio ideal para o descanso e o xogo.
Nosa participación en Galiciencia foi todo un éxito, felicitáronnos polo poder de convocatoria que conseguiron Luisa e André expoñendo o proxecto no noso stand...O fixéchedes tod@s fenomenal!!!
Ao rematar a visita á Tecnépole fumos de paseo pola cidade.
Rosa guiounos polas rúas de Ourense explicando o beneficio das augas termais das Burgas (a 67ºC) recomendadas para problemas da pel, reuma e artritis...
Contounos que o manancial atópase a 3000m de profundidade e tarda 25 anos en subir a auga quente á superficie e que antigamente usábase a fonte para escaldar os polos e quitarlles as plumas con máis facilidade.
Logo visitamos a Praza Maior, onde se atopa o concello de Ourense. Como dato curioso, contounos Rosa, que é a praza maior máis inclinada de toda España. Fíxonos esta foto do grupo....
Tamén visitamos a catedral. A gran entrada occidental (Pórtico do Paraíso) reproduce, de maneira simplificada, a estructura do Pórtico da Gloria da catedral compostelana. É posterior á de Santiago e chamounos a atención as cores ben conservadas das figuriñas alí representadas.